Dobre cita cultural este sábado en Begonte e Baamonde

TerraChaXa
Este sábado día 11 de setembro tamén haberá actuación musical na praza de Baamonde a partir das 19.00 horas a cargo de Murajazz Big Band.
CONCERTO BAAMONDE MURAJAZZ
10 sep 2021

Este sábado día 11 de setembro tamén haberá actuación musical na praza de Baamonde a partir das 19.00 horas a cargo de Murajazz Big Band.

Esta actuación está enmarcada dentro do programa Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo.

Tamén o sábado, chegará ao concello de Begonte a exposición Kinético que estará no Club Fluvial toda a tarde. Nesta exposición pódense atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons, rítmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal.

A idea é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funciona.

CONCERTO MURAJAZZ BIG BAND BEGONTE
0.084102869033813