Dobre cita cultural este sábado en Castro de Rei e Bazar
TerraChaXa
A escola municipal de teatro de Castro de Rei presenta este sábado, 10 de xullo, a súa nova obra, titulada Por un puñado de grelos.
9 Jul 2021
A escola municipal de teatro de Castro de Rei presenta este sábado, 10 de xullo, a súa nova obra, titulada Por un puñado de grelos, un rural western do que é autor Guillermo Cancelo.
A representación terá lugar na Praza do Concello a partir das 23.00 horas e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Tamén este sábado terá lugar en Bazar a presentación do libro do 50 aniversario Bazar, milagre social. Ao mesmo tempo se celebra o centenario da construción da igrexa parroquial, evento que está reflectido no libro. O evento terá lugar ás 15.00 horas.
Os actos de celebración do centenario consistirán nunha misa seguida do descubrimento dunha placa decidada aos construtores.