Dobre sesión cultural en Friol esta fin de semana
TerraChaXa
Representación teatral e presentación do libro de Pablo Veiga este domingo en Friol organizado pola asociación Carballo Vivo.
23 Apr 2021
A asociación Carballo Vivo organiza este domingo, 25 de abril, unha dobre sesión cultural. Por unha banda, haberá unha representación teatral da obra Por un puñado de grelos, a cargo do grupo Os Trocos.
Esta obra é apta para todos os públicos.
Así mesmo, realizarase a presentación do libro A marcha de Anxo, a primeira novela de Pablo Veiga.
Esta dobre cita terá o seu comezo ás 17.00 horas no centro social de Fingoi.