Dobre sesión de contacontos na biblioteca de Vilalba este xoves
TerraChaXa
Visitará a vila a narradora Charo Pita con sesións ás 16.30 para nenos de 0 a 4 anos e ás 18.00 a partir de 5
11 Nov 2024
Continuando coa programación de actividades para o público infantil vilalbés, o xoves 14 de novembro, visitará a Biblioteca a narradora Charo Pita para ofrecer unha sesión dobre de contacontos.
Ás 16:30 as crianzas de 0 a 4 anos poderán gozar da sesión Porco porquiño, ensíname o camiño, e ás 18:00 para as crianzas a partir de 5 anos ofrecerase a representación de Menú de contos.
Trátase dun entretido espectáculo que contará coa participación da nosa mascota Digochiño!
As prazas son limitadas polo que a inscrición deberán facerse nesta ligazón.