Docklands Academy: “Cumprimos coas medidas de seguridade fronte á covid-19”
Docklands Academy é una academia de inglés sita en Foz, concretamente na céntrica rúa Eduardo Pondal número 13. O seu propietario é o londinense Michael Barry.
Mike, naceu en Londres, Reino Unido, pero canto tempo leva xa en Foz?
Levo xa 13 anos vivindo en Foz.
E cando decidiu crear Docklands Academy?
En setembro de 2016, é o primeiro curso que imparto como Docklands Academy.
A quen van dirixidas as súas clases?
Pois polo menos desde os tres anos e ata persoas maiores sen límite de idade.
Cantos profesores forman a academia na actualidade?
Agora mesmo para este inicio de curso somos tres profesores en total.
Toca falar do tema de actualidade, como afecta a covid-19 á súa actividade e que medidas de prevención adoptou Docklands Academy para ser seguros, sendo esta en principio unha actividade presencial?
Traballamos con grupos moi reducidos, con un máximo de 6 persoas por clase. As nosas son moi amplas e todos os alumnos estarán á distancia esixida polas autoridades sanitarias. O propio modelo de aprendizaxe case que individualizado xa favorece que non existan aglomeracións de alumnos, son grupos moi pequenos, pensamos que é o ideal.
Así mesmo temos un protocolo de entrada e saída do centro, xel desinfectante, etc. Se tivéramos que facer uso de clases online podemos realizar o programa igualmente.
Para nós é prioritario garantir a seguridades e saúde dos nosos alumnos.
Os pais e nais poden estar tranquilos entón?
Si totalmente, estamos moi concienciados coas medidas de seguridade.
Se alguén se quere matricular nas clases aínda está a tempo de facelo durante este mes de setembro?
Si, ten que enviarnos un Whatsapp para pedirnos cita e nós procuraremos adaptar os nosos horarios para poder formalo. Pola mañá temos máis fácil encontrar flexibilidade de horarios
Cal é o teléfono no que poden contactar por Whatsapp?
Poden facelo no 605.738.247.
É unha vantaxe ter profesores tanto bilingües como nativos, que máis singularidades fan de Docklands Academy referencia na formación en inglés?
Outras academias céntranse só en gramática e máis gramática. Para nós tamén é importante, pero gústanos que aprendan a través de xogos, actividades interactivas con música, vídeos, imaxes…
Con solo seis alumnos por clase é moi fácil adaptarse e axudar a cada necesidade ou dificultade persoal. Somos a maiores centro preparatorio oficial de Cambridge para tódalas cualificacións, tamén para preparar accesos a escola de idiomas.