Donalbai celebra as súas festas este sábado

TerraChaXa
A orquestra Suavecito será a protagonista da xornada festiva
festas-en-donalbai
14 Oct 2025

A parroquia de Donalbai, no concello de Begonte, prepárase para celebrar as súas grandes festas na honra á Virxe do Pilar este sábado 18 de outubro de 2025. A xornada festiva comezará cunha misa solemne ás 13:00 horas, á que seguirá a tradicional sesión vermú e unha gran verbena que contará coa actuación da orquestra Suavecito, encargada de poñer o broche musical á celebración.

Estas festas, moi esperadas pola veciñanza, constitúen unha das citas máis destacadas do outono na zona, reunindo cada ano a numerosos asistentes que se achegan ata Donalbai para gozar dun ambiente de confraternidade, boa música e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.073342084884644