Donalbai, en Begonte, estará de festa o 12 e 13
TerraChaXa
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.00 horas coa misa solemne e sesión vermú co Punto Clave

10 Jul 2025
A parroquia de Donalbai, en Begonte, estará de festas a fin de semana do 12 e 13 de xullo na honra a San Cristóbal.
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.00 horas coa misa solemne e sesión vermú co Punto Clave que, ademais serán os encargados de amenizar a gran verbena da noite xunto ao dúo Calibre.
O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora, seguido dunha sesión vermú fin de festa, amenizada de novo polo dúo Calibre. Como fin de festa, realizarase un sorteo dunha carretilla de produtos ibéricos.