Dous alumnos de cociña do IES de Foz están facendo prácticas en Italia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os alumnos do IES de Foz Martín Salgueiro, do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, e Royer Burgos, do Ciclo Medio de Cociña, están realizando un período de prácticas como recentemente titulados en Italia, concretamente na pizzería Le Ruggini, de Potenza (Basilicata).
54520434_2327766540837023_4111781950073602048_o
1 Sep 2020

Os alumnos do IES de Foz Martín Salgueiro, do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, e Royer Burgos, do Ciclo Medio de Cociña, están realizando un período de prácticas como recentemente titulados en Italia, concretamente na pizzería Le Ruggini, de Potenza (Basilicata).

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica que “Franco Lopez e Claudio Calabrese son os propietarios deste establecemento italiano e estiveron impartindo formación no instituto de Foz en 2019. Froito desta relación xurde esta colaboración para acoller ao noso alumnado. Le Ruggini é unha pizzería situada en Potenza, a capital de Basilicata. Ofrece unha ampla variedade de pizzas e pratos italianos”.

Leticia Maseda engade que “estas prácticas deberían facerse entre abril e xuño, mais tiveron que ser pospostas por mor da situación actual. Os dosu alumnos tiveron que facer un test PCR ao chegar a Italia e comunicar onde ían aloxarse. Estas becas están financiadas polo programa Erasmus, implantado no IES de Foz dende 2016”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17577505111694