Catro equipos chairegos copan as semifinais da Copa Deputación de fútbol sala

TerraChaXa
Os dous conxuntos sénior do Vilalba FS así como o Concello de Begonte masculino en o Castro feminino disputarán este venres en Sarria as semifinais da II Copa Deputación de Fútbol Sala, trala súa clasificación no mes de setembro.
Captura de pantalla 2019 09 03 a las 17.44.13
31 Out 2019

Os dous conxuntos sénior do Vilalba FS así como o Concello de Begonte masculino en o Castro feminino disputarán este venres en Sarria as semifinais da II Copa Deputación de Fútbol Sala, trala súa clasificación no mes de setembro.

As semifinais masculinas terán lugar ás 10.30 horas. No pavillón Novo Chanto da vila sarriana enfrontaranse o Lugo Sala e o Concello de Begonte mentres que no Municipal dos Deportes pelexarán o Vilalba FS mentres co Xove.

En categoría feminina, as semifinais terán tamén enfrontamento no Novo Chanto entre Vilalba e Lieders e no outro pavillón estarán o Castro co Monterroso. A semifinal feminina será ás 12.30 horas.

Unha vez rematada esta fase, a final terá lugar ás 17.30 horas en categoría masculina e ás 19.30 en feminina ambas as dúas no Pavillón dos Deportes de Sarria.

0 1
0.18652105331421