Dous colexios da Terra Chá gañan a fase provincial do concurso da Once
O CEIP Virxe do Monte de Feira do Monte e o CEIP Otero Pedraio de Rábade foron os colexios seleccionados como gañadores da provincia de Lugo na 34 edición do Concurso Escolar do Grupo Social Once, que este ano levaba por temática Reinventemos xuntos unha escola para todos.
O CEIP Otero Pedraio de Rábade foi o elexido na categoría B, cos seus alumnos do grupo de 6ºA, que realizaron un cartel e unha audiodescripción. No CEIP Virxe do Monte de Feira do Monte, o grupo de 3º da ESO gañou na categoría C, estes debían gravar un vídeo e acompañalo cun guión.
Na fase provincial participaron 74 alumnos de cinco centros educativos de Lugo. A fase Autonómica será o 20 de abril, e daranse a coñecer aos gañadores. Nesta fase evaluaranse os traballos de Primaria (categorías A e B) a través das 17 delegaciones da ONCE de cada comunidade autónoma, ademais de Ceuta e Melilla. De cada categoría en cada autonomía elexirase un traballo que pasará á seguinte fase. A fase Nacional será o 11 de maio.