Dous concertos e unha exposición, esta semana en Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira continúa esta semana co seu programa cultural, que ten reservado dous concertos e unha exposición.
concerto vaamonde e romero portada
2 Ago 2021

O Concello de Meira continúa esta semana co seu programa cultural, que ten reservado dous concertos.

O primeiro deles será o venres 6 de agosto, na praza do Concello, e estará a cargo da ESMU de Meira, cos clarinetes, acordeóns, gaitas e coro.

Seguidamente, o sábado 7, terá lugar o concerto de Vaamonde e Romero co título 24 instrumentos populares galegos. A cita será na igrexa parroquial, ás 20.30 horas.

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero presentan unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.

A longa traxectoria destes músicos ao redor do folclore impresiona: participaron como fundadores ou colaboradores de destacados grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Aliboria. A súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permítelles ofrecer unha sabia selección de músicas nun ameno concerto, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego a dúo, combinando con mestría 12 instrumentos melódicos e 12 instrumentos de percusión, adornadas con explicacións sobre a súa construción, maneira de tocarse, historia e outras curiosidades.

Paralelamente a este concerto, abrirá unha exposición o venres de Jacoba Landeira na igrexa parroquial, que poderá visitarse ata o 5 de setembro. Na vila exporá os seus últimos óleos, que veñen doutra mostra en Luarca.

concerto vaamonde e romero
0.21005606651306