Dous eventos sociais para colaborar co Iberia C.F. e a asociación O Arco da Vella en Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
Como cada ano pola Semana Santa, chega a cea-baile do Iberia C.
53788941_1558611204282778_2931102312350875648_n
10 Abr 2019

Como cada ano pola Semana Santa, chega a cea-baile do Iberia C.F. na noite do Xoves Santo, que este ano é o 18 de abril, que se celebrará na Sala O Metro de San Miguel de Reinante.
Un evento que toda a familia branquiazul agarda con gran expectación. Dende a qué mellor forma de colaborar co equipo que facelo disfrutando ademais dunha boa cea e dunha boa festa. A música correrá, un ano máis, a cargo de Lecer, que son xa parte da gran familia do Iberia. A familia branquiazul celebra nesta cea o orgullo de pertencer a este gran clube. As entradas custarán 30 euros e poden mercarse as entradas no bar A Dulcería de San Miguel de Reinante ou contactando con calquera membro da dirección.
Tamén a Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante organiza o II Xantar Foliadeiro o sábado 4 de maio nos Colexios Vellos da vila. O xantar estará amenizado con música tradicional en directo e posteriormente haberá unha foliada libre na que poden participar todos os asistentes que o desexen, polo que dende a organización recordanlles ás persoas que asistan ó evento que leven os seus instrumentos para tocar.
Despois de comer, pola tarde, haberá servizo de bar e tamén se fará unha chocolatada gratuíta. O prezo II Xantar Foliadeiro será de 22 euros para os adultos e 12 euros para os nenos.

0.096029996871948