Dous mozos de Abadín crean unha app de esquelas
Dous rapaces da Terra Chá, Miguel de Castro de Rei e Carlos de Abadín, veñen de crear unha aplicación para os teléfonos móbiles para estar ao día das esquelas e das funerarias.
Ante a necesidade de achegar estes eventos ás novas tecnoloxías decidiron desenvolver Esquelas do día, a aplicación para dispositivos móbiles e a web na que manterse ao día ou comunicar a actualidade funeraria.
"Non so é unha aplicación enfocada á terceira idade" di Miguel, "tamén conta cun directorio de funerarias preto á ubicación seleccionada".
Esta aplicación filtra a búsqueda por concellos e funerarias e é de fácil manexo e de descarga gratuíta. "Comezamos a falar coas funerarias e mandáronos a información necesaria para poder engadir á aplicación, hai que agradecerlles o traballo de colaboración" engade Miguel.