Programan dous novos cursos de natación na piscina da Pastoriza
Dado que a demanda de cursos de natación para adultos na piscina da Pastoriza segue medrando, o Concello vén de poñer en marcha outros dous cursos, un de iniciación ás 20.45 horas e outro de perfeccionamiento ás 20.00 horas dos mércores.
Terán prioridade as persoas que están en lista de espera, os demais interesados poderán inscribirse mediante un documento descargable na páxina web e ata ocupar as prazas libres.
Ademais, seguen coas actividades para todas as idades nas que contan cun amplo catálogo de cursos como Nadando para bebés e nenos de todas as idades, Non é demasiado tarde para aprender a nadar, Natación terapéutica perfecta para a rehabilitación, Clases de fitness ou Pilates.
Para este amplo abano de actividades haberá que consultar os horarios na páxina web.