Dous ouros e un bronce para o Club de Loita de Vilalba en Vigo

TerraChaXa
Una representación vilalbesa participou esta fin de semana nos campionatos galegos de Loitas Olímpicas das categorías júnior e escolar que se celebraron no pavillón vigués de Teis e aos que acudiron cun equipo moi reducido nesta ocasión.
edf
10 Feb 2020

Os principais resultados a destacar son os  ouros de Oussama Lahnin na categoría júnior de menos de 79 kg e de Xiao Seoane en alevín en menos de 44 kg. En escolar tamén destaca o bronce de Kevin Cuba en menos de 63 kg, moi meritorio tendo en conta que este deportistas gañou dous enfrontamentos sendo aínda alevín.

O triunfo de Oussama sírvelle como pasaxe directo para os próximos campionatos de España no mes de abril, e máis tendo en conta que venceu vigués de orixe moldavo Ion Turkan que pasa por ser o actual campión de España da categoría. Antes, Oussama poderá disputar os campionatos galegos da categoría sénior que se celebrarán en Ourense a finais de febreiro, evento no que haberá unha maior representación vilalbesa e no que tentará revalidar o título de campións galegos por clubs.

IMG 1033
0.085888147354126