Dous ouros para o club de loita vilalbés no Campionato de España para menores

TerraChaXa
O Club de Loita Olímpica de Vilalba participou esta fin de semana nos Campionatos de España en Carmona acadando dous ouros.
loita olimpica vilalba campionatos
14 Feb 2023

O Club de Loita Olímpica de Vilalba participou esta fin de semana nos Campionatos de España na localiade sevillana de Carmona na que se disputaron as categorías U15, U17 e U 23 con centos de loitadores desprazados a terras andaluzas. Vilalba contou con loitadores nas 3 categorías cun resultados bastante promotedores para o futuro da loita vilalbesa.

Na categoría U15 contaron coa representación de Boris Reshetniak en menos de 57 kg o cal dominou a competición alzándose co ouro despois de gañar 4 combates. Boris, con 13 anos que aínda é escolar (U15) de primeiro ano, venceu por superioridade a tódolos adversarios, incluído ate o que era vixente campión de España. O loitador ucraniano chegou a Vilalba coa súa familia hai agora preto dun ano escapando da guerra, e xunto ao seu pai e adestrador Arkadi Ilimetov, atopou en Vilalba a posibilidade de continuar coa práctica deste deporte no que comezou no seu país de orixe cando era un neno.

Na categoría de U17 en menos de 110 kg foi Kevin Cuba o que subiu ao máis alto do podio acadando un ouro.

Na categoría U23 contaron coa presenza de Bekbol Ongarov que na modalidade de Grecorromana en menos de 77 kg tivo que conformarse cun 6º posto despois dun erro no primeiro enfrontamento.

O próximo Campionato de España será o Sénior, no que haberá tamén varios loitadores e no que agardan un novo título absoluto para José Cuba.

0.18355202674866