Dous ouros para o D10 de Outeiro en natación artística
TerraChaXa | LugoXa
O equipo infantil do centro deportivo D10 de Outeiro de Rei fíxose con dúas medallas de ouro no Campionato de España na Segunda División.
28 Jul 2022
O equipo infantil do centro deportivo D10 de Outeiro de Rei fíxose con dúas medallas de ouro no Campionato de España na Segunda División na especialidade de natación artística celebrado en Santa Cruz de Tenerife.
Unha das medallas foi polo seu traballo de equipo na categorías figuras da xeral absoluta do campionato. E o outro ouro foi para a nadadora Helena López Castrillo. Xunto a esta no equipo estiveron Noa Pajón, María Santiso, Cecilia Álvarez, Adriana Blanco, Elena Vázquez e África Díaz.