Dous ouros para os loitadores vilalbeses no galego escolar e júnior

TerraChaXa
Este sábado tiveron lugar no pavillón do CGTD de Pontevedra os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar e júnior nos que participaron varios loitadores vilalbeses.
16 Xan 2023

Este sábado tiveron lugar no pavillón do CGTD de Pontevedra os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar e júnior nos que participaron varios loitadores vilalbeses.

Entre eles destacaron Kevín Cuba (júnior menos de 125 kg) e Boris Reshetniak (escolar menos de 57 kg) que acadaron senllos ouros, obtendo o pasaporte para loitar nos próximos campionatos de España, que terán lugar no mes de febreiro en Carmona.

A Pontevedra tamén viaxaron Xiao Seoane (júnior menos de 60 kg) e Nicolás González (escolar menos de 52 kg). Malia que os dous loitadores fixeron varios combates non consegurion subir ao podio nas súas categorías.

Nos resultados xerais, o labor dos loitadores contribuiu a que o club vilalbés se fisexe co 3º posto por equipos na categoría escolar.

O próximo campionato será a Copa de Galicia sénior e cadete que terá lugar a finais de mes en Santiago de Compostela e a dirección do club confirmou a participación de novo dos loitadores.

0.13618302345276