Dúas pequenas da Chaira, premiadas na fase provincial do Certame das Letras Galegas da Biblioteca
TerraChaXa
A Biblioteca Nodal de Lugo fixo público xa os gañadores da fase provincial do Certame das Letras Galegas, aos que concorriron os gañadores da fase local de cada concello.
18 Xuño 2019
A Biblioteca Nodal de Lugo fixo público xa os gañadores da fase provincial do Certame das Letras Galegas, aos que concorriron os gañadores da fase local de cada concello.
En poesía non houbo gañadores na comarca chairegas índose os premios para Barreiros, Ribadeo e Antas de Ulla na maioría dos casos.
En debuxo, Martina Fernández Salgado, de Xermade, de só catro anos, recibiu un accésit na fase de debuxo na categoría de A (de pequenos ata os 8 anos).
Tamén resultou premiada, en terceiro lugar, Jimena Boo Hernansanz, de nove anos e veciña de Outeiro de Rei, na categoría de B, de 9 a 11 anos.