Dous pratas de dous bronces máis para o Club Atletismo Friol na Milla en Ruta
Gran actuación dos atletas do Atletismo Friol no Campeonato Gallego de Milla en Ruta, disputado o domingo 8 de Abril na localidade de Santiago de Compostela, e onde os atletas do club lograban un total de catro pódiums.
Así, a gran protagonista da xornada foi María Carballido, que lograba a medalla de prata na categoría sub 18 cun crono de 5.49, sendo ademais a sexta clasificada na categoría absoluta. Pola súa parte, Noelia Sánchez tamén sumaba un novo pódium nun autonómico, ao lograr a medalla de prata na categoría sub 16.
Moi meritorira foi tamén a medalla de bronce de Adrián Lage na categoría sub 20, así como a medalla de bronce tamén de Nemesio Gútierrez na categoría máster 60. Lucía Varela foi sexta na categoría sub 16 e Andrea Fariñas gañaba a proba popular da carreira sub 16