Dous queixos San Simón da Costa, recoñecidos no World Cheese Awards

TerraChaXa
Un ano máis, o certame World Cheese Awards converteuse nun dos máis prestixiosos nos que ao queixo refírese.
2 Nov 2019

Un ano máis, o certame World Cheese Awards converteuse nun dos máis prestixiosos nos que ao queixo refírese. Este ano  o xurado recoñeceu os excelentes queixos galegos de novo e en especial os da Terra Chá. Así, dous bronces viñeron a Vilalba.

A 32 edición bateu todos os récords, con 3.804 queixos participantes, pero foi algo peor que outros anos para os queixos españois. Aínda que máis de 400 queixos do noso país recibiron algún tipo de distinción, son moitos menos que os 533 que resultaron premiados na edición de 2018. Ademais, entre os 16 queixos que recibiron a maior puntuación posible só hai dous queixos españois, fronte aos tres do pasado ano. E non son os mesmos.

O mellor queixo do mundo, que obtivo unha puntuación de 101 puntos, é un queixo azul estadounidense, elaborado con leite de vaca ecolóxica pola queixería Rogue Creamery.

Os xuíces con máis experiencia do mundo outorgaron dúas medalles de bronce aos queixos DOP San Simón da Costa de Cas Leiras e de Don Crisanto. O primeiro deles xa recibira a prata o ano pasado.

0.14491200447083