Down Lugo actúa en Muimenta este venres
O grupo de teatro Down Lugo volve a Muimenta para representar a obra 21/3 baixo a dirección de Paloma Lugilde.
Esta actuación será o venres 27 ás 20.30 horas na casa da cultura de Muimenta.
21/3 trata sobre cada membro do grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo?
Os textos creados no taller de teatro, son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triplo cromosoma 2.
É unha obra para conmover, rir e chorar. Como a vida mesma.
A actuación englóbase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2024 da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, organizda pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.