Duarría celebra as súas festas entre o 27 e o 29 de xullo
TerraChaXa
Duarría celebrará a última fin de semana deste mes as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.
22 Xul 2019
Duarría celebrará a última fin de semana deste mes as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.
As celebracións darán comezo o sábado 27, ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Deluxe. Pola noite, este conxunto e Escaparete serán os encargados do parte musical na verbana, na que tamén destaca a actuación de Javi Cantero, fillo do Fary.
O domingo repetirase a programación relixiosa coa orquestra Stereo en sesión vermú e tamén na verbena, na qu estará acompañada por Charleston.
Finalmente o luns, festivo local, tralo oficio relixiosso haberá sesión vermú e tamén verbena coa orquestra Salsarena e o DJ Adolfo Valiño.