Dúas chairegas estarán na selección española sub17 de fútbol sala
TerraChaXa
A seleccionadora nacional Clàudia Pons fixo oficial a convocatoria da Selección Española sub 17 de fútbol sala.
16 Xuño 2023
A seleccionadora nacional Clàudia Pons fixo oficial a convocatoria da Selección Española sub 17 de fútbol sala para os encontros amigables que disputará fronte a Portugal. Os partidos, que servirán para pechar a tempada das seleccións femininas, disputaranse nas localidades galegas de Guitiriz (27 de xuño, 19:00 horas) e As Pontes (28 de xuño, 20:00 horas). As xogadoras concentraranse o domingo 25 e realizarán tres sesións de adestramento antes dos dous partidos.
Entre as 14 xogadoras convocadas figuran dúas luguesas que xa foron citadas en máis ocasións, Yanira Guizán (EDM Concello Guitiriz) e Aroa Rodríguez (Vilalba FS). Tamén está outra galega, Emma Gandoy (Viaxes Amarelle FSF).