Dúas citas máis esta semana dentro da programación do 25N de Vilalba

TerraChaXa
Vilalba lembra que esta semana continúa a programación de actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
programacion 25 n vilalba portada
17 Nov 2022

O Concello de Vilalba lembra que esta semana continúa a programación de actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro con dúas novas actividades.

A primeira delas terá lugar este venres, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal, coa representación do espectáculo de danza contemporánea ‘Pioneiras’. A peza rende homenaxe ás mulleres que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando, e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de gañar esta batalla contra a violencia de xénero. 

O día seguinte, o sábado 19, a Escola de Igualdade de Vilalba, o espazo de formación, prevención e sensibilización contra as violencias machistas e en pro da igualdade, propón dúas novas charlas na Casa da Cultura. 

A partir das 10:30 horas será Sergio Orduña Alonso, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero en Lugo, o encargado de impartir unha conferencia baixo o título ‘Menores e violencia de xénero’, mentres que ás 12:00 horas Verónica Marcos Arrojo, presidenta de FADEMUR Galicia, falará sobre ‘As mulleres rurais fronte a violencia machista’.

programacion 25 n vilalba
0.16893005371094