Dúas derrotas para os equipos vilalbeses de tenis de mesa
Despois de concluír o zonal clasificatorio para o nacional, as xogadoras do TDM Vilalba que se desprazaron á Estrada realizaron un gran papel, como Sabela, que se clasificou, e Alba que conseguiu o duodécimo posto.
Con dúas derrotas para os equipos vilalbeses, así en primeira galega o TDM Basanta Souto perdía en Lugo ante o Milagrosa por 4-2. Partido dominado polos lucenses en todo momento, pois o equipo chairego deu a impresión de saír medio durmido ao encontro.
En segunda galega, o TDM Limpezas García perdía en San Ciprián ante o equipo local por 4-1, partido moi desputado onde os chairegos só foron capaces de impoñerse no dobre, perdendo nos individuais.
A próxima fin de semana xogarán os dous equipos como locais no pavillón do Mato Vizoso a partir das 17:00 horas. En Primeira galega, o Basanta Souto enfrontarase ao Óptica Valero de Narón. En Segunda galega, o TDM Limpezas García enfrontarase ao equipo tamén de Narón Autocares Varela.