Dúas incorporacións reforzan ao CD As Pontes para esta tempada
A dirección deportiva do CD As Pontes confirmou a incorporación de dous novos xogadores ao equipo. Trátase de Dani Montes, defensa de 23 anos e natural de Vilalba e chega procedente do Viveiro Cf. Tamén se uniu Sergio Otero, centrocampista de 21 anos e natural das Pontes, que se incorpora procedente do CSD Arzúa.
Deste modo o equipo, salvo novidade, queda xa completado para iniciar en setembro, concretamente o 19, a tempada en Preferente, categoría á que volve tralo seu paso por Terceira.
O conxunto iniciou xa a súa pretempada con algún partido.
EQUIPOS DE BASE
Por outra banda, segue aberto o prazo para inscricións e renovacións nos equipos de base do club. Esta pode facerse a través dun enlace dispoñible en redes sociais.
Os equipos volverán á competición a partir de mediados de outubro polo que esperan iniciar en setembro os adestramentos.