Dúas pontesas, campioas de España femininas en vela da clase vaurien
Alba Abril e María Lefler, as dúas regatistas do club pontés aínda en idade xuvenil, como integrantes da selección galega Real Federación Gallega de Vela-Deporte Galego, veñen de proclamarse campioas de España na categoría feminina da clase vaurien na 60 edición do Campionato de España que se disputou en augas da ría de Vigo.
Foi un campionato condicionado polas duras condicións meteorolóxicas, no que dos catro días programados de regata só se puido navegar en dous deles. Tras a alerta laranxa do Xoves Santo e as condicións inestables de vento do Venres Santo, a flota puido completar 4 mangas na xornada do sábado e unha máis na do domingo.
Ademais cabe sinalar que o adestrador do CVF As Pontes Nano de Andrés foi recoñecido co trofeo Teresa Landín, trofeo á deportividade e ó comportamento exemplar neste eido.
Polo demáis gran traballo do resto da flota pontesa, todos xuvenís, foron David Villaverde e Antón Dopico (26º absoluto/8º sub-17), Jimena Abril e Ana Lefler (27º absoluto/9º sub-17), e Alejandro Villaverde e Telmo Vizoso (29º absoluto/8º sub-23).
Abril e Lefler xa obtiveran no mes de outubro o ouro na COpa de España nesta mesma disciplina.