Dúas rúas de Rábade pasarán a ser unidireccionais

TerraChaXa
O Concello de Rábade convertirá en unidireccional a rúa Rosalía de Castro, que manterá o sentido de saída ata a N-VI e que, polo tanto, non se poderá acceder dende a vía principal.
17 Feb 2018

O Concello de Rábade convertirá en unidireccional a rúa Rosalía de Castro, que manterá o sentido de saída ata a N-VI e que, polo tanto, non se poderá acceder dende a vía principal. O obxectivo desta decisión é fomentar a seguridade vial na zona, moi próxima ao colexio e instituto da localidade.

A obra contempla a pavimentación, servizos e ampliación das beirarrúas, para facilitar o tránsito dos rapaces e pais nas entradas e saídas dos centros.

Esta obra, que ten un orzamento de 60.000 euros, realizarase nunha primeira fase cun obradoiro de emprego e para rematalas solicitando unha subvención á Xunta, co obxectivo de que estén en macha cando comece o novo curso escolar.

Ademais, o alcalde, Francisco Fernández Montes, indicou que realizará  tamén unha obra de importancia no remate da rúa Lope de Vega, entre a praza do Concello e a Avenida de Vilalba. Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, realizarase a pavimentación e ampliación de beirarrúas, xa que tamén pasará a ser unidireccional. Esta reparación realizarase con cargo aos plans de estradas da Deputación Provincial.

Por outra banda, o alcalde indicou que a Fonte da Picha (situada fronte ao Concello) xa non é potable.

0.15907597541809