Comezan dúas xornadas para os máis pequenos da casa nas festas de Vilalba

TerraChaXa
Entrepinares financia os inchables e xogos acuáticos que se desenvolverán entre hoxe, martes e mañá
inchables-infantil-vilalba
3 sep 2024

O Concello de Vilalba a través da Concellería Infancia e Xuventude e o Grupo Entrepinares firmaron este ano un acordo de colaboración polo que a esta empresa será a encargada de promocionar diversas actividades lúdicas e recreativas das que se van beneficiar os veciños de Vilalba e da comarca, e pensadas para o público infantil.

A casa da cultura foi o epicentro da presentación na que interviñeron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, o Conselleiro delegado de Entrepinares, José Manuel García Bejines e o director da fábrica en Vilalba, Javier Gato.

O acordo consiste en patrocinar os Días Infantís das festas do San Ramón e Santa María os días 3 e 4 de setembro, así como formar parte da programación de Samaín e parte da programación do Nadal.

Así, os días infantís das Festas Patronais de Vilalba incluirán un día con inchables, un touro mecánico, unha Shotter Gallery, un simulador de surf, unha Nerf Battle Arena e un fotomatón con plataforma 360, e un segundo día no que os nenos e nenas poderán gozar de actividades acuáticas, grazas á instalación, tamén na Praza da Constitución, dunha rampla esvaradía, varios inchables acuáticos e unha festa da espuma que será o broche final dos días infantís. Ademais, durante ámbalas dúas xornadas, Entrepinares achegará o seu novo lanzamento, un snaking de queixo destinado principalmente ao consumo infantil e que se fabrica integramente na localidade.

Tanto os inchables do primeiro día como as actividades acuáticas do segundo terán un horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 e ámbalas dúas sesións serán na praza da Constitución.

“Queremos que os nenos teñan un maior número de días dedicados a eles nas festas patronais, así como van contar cun recuncho onde lles imos deixar probar este novo produto que se fabrica en Vilalba, un queixo perfecto”, sostivo a rexedora.

Entrepinares pretende “destacar pola calidade dos seus produtos e polo seu compromiso coas tradicións e celebracións que fortalecen os lazos sociais e culturais entre os veciños”. Segundo as súas palabras, “este acordo é unha mostra de agradecemento pola confianza e o apoio recibido ao longo destes anos, e reafirma a nosa vocación de ser unha empresa que contribúe activamente ao benestar da sociedade vilalbesa”.

O día infantil é un dos máis esperados pola cativada e este ano polas sorpresas que se inclúen e este ano contará ademais con ser dobre.

Pola súa parte, a colaboración seguirá na festa do Samaín, na que haberá o tradicional concurso de cabazas decoradas e o túnel de terror, así como ambientación e distintos inchables.

Finalmente, a programación de Nadal na que colabora o Grupo Entrepinares, incluirá a visita de Papá Noel, postos con flocos de millo e algodón de azucre e inchables para os nenos para pasar unha tarde divertida. A maiores, haberá actividades para os nenos do rural, como lasertag e outras.

O conselleiro delegado do Grupo Entrepinares, José Manuel García, dixo que para eles a colaboración “é un activo importante” para a empresa. Así, explicou que levan colaborando co Concello en diversas actividades “para xerar máis valor para o Concello”, e este ano a proposta está enfocada en “apoiar á xuventude e aos nenos da comarca” porque “nos parecen moi interesantes as actividades, xa que é bo para o concello e para os traballadores que participan tamén delas”.

0.18388080596924