Durante agosto, O Valadouro contará cunha oferta cultural para todos os públicos
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Durante o mes de agosto, O Valadouro contará cunha oferta cultural para todos os públicos.
28 Xul 2020
Durante o mes de agosto, O Valadouro contará cunha oferta cultural para todos os públicos.
Os días 1, 8, e 22 de agosto poderase gozar de concertos en familia, maxia e cinema na Praza de Santa María a partir das 21.00 horas.
Os días 15 e 29 de agosto a partir das 22:30 horas, o aparcamento municipal da Rúa do Xistral albergará un autocine. Coa mítica película Grease o 15, e con O Que Arde o 29 de agosto, película Galega de Oliver Laxe.
Todas as actividades organizadas polo Concello do Valadouro cumprirán con todas as medidas recomendadas de hixiene e saúde establecidas por mor da pandemia de COVID-19.