"É un deporte no que se inicia moi cedo, xa que temos peques desde os 3 anos"

TerraChaXa
Verónica Ramos Pena, adestradora e presidenta do club de ximnasia rítmica CDR As Pontes
club-cdr-as-pontes1
Os grupos de competicion do CDR As Pontes
2 Jun 2024

Cando naceu o club e que percorrido tivo nestes anos?

O club nace no año 1995 chamándose club Danigal dando nome a unha empresa pontesa que había nesa época, nos primeiros inicios a persoa responsable foi Ana, que co club e a Escola municipal achegaron a ximnasia rítmica a moita xente. Logo de Ana chegaron Sandra, Helena e Cristina, que foron as que quedaron co legado do club no que elas mesmas adestraron. Foron elas que incrementaron a participación de moitos ximnastas, tanto no club como na escola municipal, retomando a ximnasia de competición. Na actualidade do club seguimos medrando e temos sede en San Sadurniño.

De que logros sen senten máis orgullosos?

Pois precisamente este ano en concreto o club logrou a súa primeira medalla nacional, conseguímola por medio do benxamín Bernardo Gonçalves Oliveira, na categoría base.

Cantos ximnastas e de que categorías tedes actualmente? E adestradores?

Agora contamos en competición cuns 45 nenos e nenas, e en total do club somos sobre 100 nenos e nenas, entre a escola municipal das Pontes e a escola de San Sadurniño. Como adestradores este curso están Laura, Ainara, Verónica e Paula.

Experimentou un crecemento nos últimos tempos?

Si experimentamos un crecemento importante tanto en volume de pequenos como en incremento das categorías que presentamos.

Como se presenta a fin de tempada? Que obxectivos hai?

A tempada estamos rematándoa cos campionatos galegos, debido a que clasificamos a case todos os ximnastas nos campionatos provinciais facendo incluso dous podios a nivel provincial sendo as benxamíns escolares terceiras da súa categoría e os infantís de promoción campións provinciais.

Tamén as xuvenís foron terceiras en promoción.

Por outro lado o noso ximnasta benxamín absoluto enfrontarase ao campionato nacional os días 20 a 25 de xuño, proba que se celebrará en Avilés.

Cales son os proxectos máis inmediatos de futuro?

Os proxectos son sempre ir medrando pouco a pouco. A ximnasia é un deporte no que non se pode ter présa en medrar xa que temos que priorizar o benestar dos nosos ximnastas.

E que necesidades hai?

Pois temos necesidades coma todos os clubs de máis horas de pavillón, xa que a rítmica é un deporte que require de moitas horas, sobre todo a niveis nacionais coma os que temos agora.

Contan con axuda para manter o club activo?

Temos a sorte de contar cun apoio económico do Concello das Pontes bastante importante. E tamén da Deputación da Coruña.

Que nos pode dicir da afección?

Sen dúbida temos una afección incrible cuns pais e nais implicados ao cento por cento, que están aí sempre apoiando e que axudan en todo o que poden.

Ademais da competición programan outra serie de actividades?

En setembro comenzaremos as clases abertas que serán sen compromiso ningún e de balde e que serven para que a xente coñeza o que facemos e poda unirse a nós.

Cal é a idade máis apropiada para practicar este deporte?

É un deporte no que se inicia moi cedo, xa que temos peques desde os 3 anos. Pero como eu digo sempre, nunca é tarde para empezar, ao final temos que atopar o deporte que nos guste e para iso temos que probar

E cando se deixa?

Por desgracia moitos ximnastas déixano moi cedo con 17/18 anos, pero que deixen de competir non soe ser o mesmo que se desvinculen do deporte, xa que é un deporte que engancha, e entre os máis veteranos créanse moitos vínculos xa que son moitas horas compartidas.

Que beneficio aporta?

Son moitos os beneficios, dende físicos como psicomotricidade, control de postura corporal etc. Aínda que na miña opinión, é un deporte que axuda moito a nivel psicolóxico xa que os ximnastas dende moi pequenos teñen que aprender a saber demostrar en 2 minutos todo o esforzo dedicado ao longo da tempada e hai veces que sae ben e outras que os nervios xogan malas pasadas...

A ximnasia sempre foi unha actividade feminina pero agora xa hai representación masculina. Estase rompendo esa barreira?

Eu persoalmente considero que a ximnasia ten que ser mixta en todos os seus ámbitos, e non entendo como a niveis internacionais non se considera nin deporte a ximnasia masculina xa que sen dubida en España somos pioneiros en ximnasia masculina tendo grandísimos exemplos. No noso club temos dous nenos e oxalá foran moitos máis, xa que eles teñen unha forma moi explosiva de ver este deporte. Temos un ximnasta alevín que está competindo este curso en categoría infantil sendo o máis peque do seu grupo, pero sen dúbida iso non impide que sexa un imprescindible. Por outro lado está o noso ximnasta benxamín absoluto que neste curso conseguía subir dende a categoría escolar ata a categoría máis alta que é a absoluta, conseguindo un podio nacional na categoría base.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21152591705322