Ecoloxistas en Acción recorren ao TSXG a autorización da mina de Silán
A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza recurre no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización da mina de Urbas en Silán, en Muras.
A asociación ecoloxista presentará demanda no contencioso -administrativo logo de pedir xustiza gratuita.
Segundo indican o Monte de Escoiras tería un total de 12 balsas de decantación e a posible rotura dunha delas tería consecuencias nefastas para os núcleos próximos e os ríos, incluido o río Landro.
Explican os ecoloxistas que os materiais en suspensión destas balsas adoitan ter metáis pesados. Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e os tecidos orgánicos. O perigo dos metais pesados é maior ao non ser química nin biolóxicamente degradables. Unha vez emitidos, poden permanecer no ambiente durante centos de anos.
O perigo dos metais pesados reside en que non poden ser degradados (nin química, nin biolóxicamente) e, ademais, tenden a bioacumularse e a biomagnificarse (que significa que se acumulan nos organismos vivos acadando concentracións maiores que a que alcanzan nos alimentos ou medioambiente, e que estas concentracións aumentan a medida que ascendemos na cadea trófica), provocando efectos tóxicos de moi diverso carácter. No ser humano detectáronse infinidade de efectos físicos (dores crónicas, problemas sanguíneos, etc) e efectos psíquicos (ansiedade, pasividade, etc). Ver: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/atmosfera-y-calidad-del- aire/emisiones/probamb/metales_pesados.aspx
"Por tanto estas balsas deberan catalogarse como balsas de residuos mineiros da Categoría A e por tanto, deberan contar con un sistema de xestión da seguridade e de emerxencias. Cómpre lembrar que estamos a falar de terreos húmidos que escoan pola súa propia configuración e non existe un estudo xeotécnico que demostre que as balsas se poden excavar sobre a rocha directamente como afirma a promotora. Por outra banda, en base ao principio de precaución e tendo en conta a presencia moi próxima de núcleos de poboación, fontes, cauces e brañas con presencia de turberias xa non debera permitirse esta actividade extractiva a ceo aberto", explican.