Ecoloxistas reuniranse en Santaballa para elaborar un plan de acción

TerraChaXa
O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras.
Programa Xornada Acaparamento web
30 Xan 2020

O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras. Eucaliptos, minaría, urbanización salvaxe, parques eólicos, privatización de montes comunais...

"Galiza leva décadas sufrindo un proceso brutal de acaparamento de terras que socava a nosa soberanía alimentaria e nos condena a ser un dos territorios con menor superficie agraria da UE", din.

Con esta convocatoria, dende o Sindicato Labrego Galego" queremos tecer redes de ideas e accións para virar esta tendencia e facer que a nosa terra volva ser o sustento vital dos galegos e das galegas, e non un coto privado para a depredación de grandes empresas".

O encontro será no local da Escola da Liga Santaballesa, en Santaballa.

As persoas interesadas en participar neste encontro poden solicitar máis información ou inscribirse chamando ao 639 218 525 ou escribindo a nacional@sindicatolabrego.gal

O programada terá o seu comezo ás 10.30  horas coa recepción dos asistentes para dar paso ao relatorio marco do SLG. Ao rematar darrá comezo os grupos d etrabalos das plataformas disriguidas por áreas en minaría, eólicos, lixo, biomasa, eucaliptos, gandeiría, etc.

O traballo rematará cunha exposición de conclusións antes do xantar, que te rá lugar ás 13.30 horas.

Pola tarde abrirase ás 15.30 horas un debate plenario sobre propostas de actuación e posteriormente deseñarase un plan de acción antes de pechar o programa ás 18.00 horas.

82954606_2551362014985601_7945488682109108224_o
0.18291616439819