Eduardo Pardo de Guevara y Valdés será o pregoeiro das Festas de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
O coruñés pronunciará o seu pregón o sábado día 10 de agosto ás 20.30 horas no balcón do Consistorio
Eduardo_José_Pardo_de_Guevara_y_Valdés
5 Ago 2024

O Concello de Rábade anuncia que o historiador galego Eduardo Pardo de Guevara y Valdés será este ano o encargado de pregoar as Festas Patronais, que se van celebrar entre os días 10 e 15 de agosto na localidade.

O Goberno local elixiuno como pregoeiro pola súa vinculación con Rábade dende que era neno onde pasaba longas tempadas coa súa familia do outro lado da ponte medieval, no Pazo de Mirapeixe, en Santa Mariña de Rábade.

A alcaldesa, Reme González, explica que se decidiu convidar a este estudoso “tendo en conta que se achega o centenario de Rábade e el como historiador e especialista en heráldica foi o que deseñou o escudo e posteriormente a bandeira da vila”.

O coruñés pronunciará o seu pregón o sábado día 10 de agosto ás 20.30 horas no balcón do Consistorio, na Praza 28 de maio e de seguido dará comezo o XXVIII RabaFolk.

1.4327759742737