Eduardo Vidal volve liderar a executiva local do PSOE vilalbés

TerraChaXa
A nova dirección dos socialistas, composta por 13 persoas, representa á sociedade polo seu carácter interxeracional e a diversidade.
executiva local psoe vilalba
20 Mar 2022

A Agrupación local do PSdeG-PSOE de Vilalba vén de aprobar en asamblea a configuración da nova Executiva Local, elexindo como secretario xeral a Eduardo Vidal e ratificando unha candidatura que presidirá a alcaldesa, Elba Veleiro.

Forman parte desta lista de integración e consenso concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, recuperando tamén algunhas persoas con experiencia política e sumando a outras con inquedanzas e compromiso para aportar nas decisións futuras do partido.

A executiva combina experiencia e xuventude, traxectoria profesional e política con novas ideas e visións. Un equipo de traballo interxeracional e que representa á sociedade vilalbesa con distintos perfís e realidades.

A nova dirección do partido afirma que a unidade, o consenso, o diálogo e a participación política guiarán o proxecto de futuro sobre o que se leva traballando moitos anos desde a agrupación socialista, con compromiso, responsabilidade e constancia. Os momentos complexos requiren de equipos comprometidos coa súa realidade social e dispostos a aportar e buscar solucións para quen máis o precisa.

Comisión Executiva Municipal

  • Presidenta, Elba Veleiro
  • Secretario Xeral, Eduardo Vidal
  • Secretaria de Organización e Política Municipal, Marta Rouco
  • Secretario de Cultura e Deporte, Miguel González
  • Scretaria do Sector Primario e Acción Electoral, Sonia Verdes
  • Secretario de Mobilidade e Axenda 20/30, Luis Fernández Álvarez
  • Secretaria de Igualdade e Comunicación, Vanesa Siso
  • Secretario de Medio Ambiente, Ignacio Criado
  • Secretaria da Mocidade, María Goretti Pérez
  • Secretario de Administración, Luis Fernández López
  • Secretaria de Comercio e Distribución, Clara López
  • Secretario de Integración Social e Terceira Idade, Fernando Justo
  • Secretario de Formación, Francisco Lozano
0.18366503715515