El Kanka actuará nas Pontes este sábado
Juan Gómez, máis coñecido como EL Kanka, subirase ao escenario do Auditorio Municipal Alovi das Pontes de García Rodríguez este sábado, 23 de marzo, onde estará a presentar a súa xira acústica Cosas de los vivientes– Diferente.
El Kanka volve ás súas orixes cunha xira acústica - un formato excelente para saborear as cancións tal e como foron creadas - coa única compañía da súa guitarra e unha urna. O artista propúxose que ningún concerto desta pequena xira sexa igual, e para lograr iso, será o público quen decida o repertorio a través dunhas tarxetas que introducirán na urna.
Sen dúbida o malagueño impúxose un gran reto tendo en conta que conta cunha discografía de máis de 70 cancións, como ben di o título da súa xira, Estas cosas de los viventes son bastante diferentes.
O cantautor malagueño chegou a Madrid fai xa máis de 15 anos e converteuse nun artista feito a si mesmo dunha maneira artesanal, chegando a ser un dos artistas máis laureados de España e Latinoamérica.
Cinco discos aválano: Lo mal que estoy y lo poco que me quejo – 2012, El día de suerte de Juan Gómez – 2014, De pana y rubí – 2015, El arte de saltar – 2018 y Cosas de los vivientes- 2023.
El Kanka é un compositor honesto, con moita verdade nas súas cancións, e moita alegría e bo humor nas súas letras. Non é de estrañar, que nestes anos conseguise formar unha gran comunidade como público que non deixa de crecer.
As entradas estarán á venda a través deste enlace.