El Kanka actuará nas Pontes en marzo
Juan Gómez, máis coñecido como EL Kanka, subirase ao escenario do Auditorio Municipal Alovi das Pontes de García Rodríguez o 23 de marzo, onde estará a presentar a súa xira acústica Cosas de los vivientes– Diferente.
El Kanka volve ás súas orixes cunha xira acústica - un formato excelente para saborear as cancións tal e como foron creadas - coa única compañía da súa guitarra e unha urna. O artista propúxose que ningún concerto desta pequena xira sexa igual, e para lograr iso, será o público quen decida o repertorio a través dunhas tarxetas que introducirán na urna.
Sen dúbida o malagueño impúxose un gran reto tendo en conta que conta cunha discografía de máis de 70 cancións, como ben di o título da súa xira, Estas cosas de los viventes son bastante diferentes.
O cantautor malagueño chegou a Madrid fai xa máis de 15 anos e converteuse nun artista feito a si mesmo dunha maneira artesanal, chegando a ser un dos artistas máis laureados de España e Latinoamérica.
Cinco discos aválano: Lo mal que estoy y lo poco que me quejo – 2012, El día de suerte de Juan Gómez – 2014, De pana y rubí – 2015, El arte de saltar – 2018 y Cosas de los vivientes- 2023.
El Kanka é un compositor honesto, con moita verdade nas súas cancións, e moita alegría e bo humor nas súas letras. Non é de estrañar, que nestes anos conseguise formar unha gran comunidade como público que non deixa de crecer.
As entradas estarán á venda a través deste enlace.