'El último de Arganeo' e 'Donde irán' gañan o Festival de Cine de Roca
A asociación Xermolos e a veciñanza de Roca conclñuen hoxe cunha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, nesta aldea de Guitiriz.
Onte, no día grande da celebración, déronse a coñecer os gañadores do concurso. Na categoría galega gañou El último de Arganeo e na internacional, Donde irán.
El último de Arganeo é unha peza de David Vázquez Vázquez. Despois de levar a vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez, de 24 anos, decide volver ao monte e dedicarse a pastorear un rabaño de cabras. Co recordo dos seus avós moi presente, O último de Arganeo recolle a historia de Edilberto, un mozo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións de lugares deshabitados e as lembranzas dunha forma de vida ao borde da extinción.
Donde irán, de 2020 é unha peza de Egoi Suso Rius, con procedencia de España e Senegal. N sinopse dúas persoas saíron do seu país xogándose a vida e deixando as súas familias para recibir formación, chegaron ao porto, adaptándose malia as dificultades e amosaron a súa calidade humana. Dúas historias de superación persoal.
Este ano preséntanse catro curtas na categoría de galegas, A barqueira do Miño, Antes de que se poña o sol e A marquesiña ademais da gañadora.
Nas curtas internacionais houbo outros cinco aspirantes: Fortíssimo, En tu vestido, Versos para rumiantes, Lobo e Pintar unha Guitarra. A primeira é francesa e a segunda de Cuba, o resto do territorio español.
DOMINGO
Hoxe domingo continuará a programación con máis proxeccións, sesión vermú con Os do Campo e xogos tradicionais. A partir das 18.00 horas proxectaranse as curtas creadas polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Seis pezas de entre 5 e 23 minutos que porán o colofón ao festival.
O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.
Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.
Este ano debido á magnitude do programa, estableceuse un lugar para acampar.