Elefantes actuará nas Pontes na súa xira de 30 aniversario
Elefantes celebra 30 anos de traxectoria musical ás súas costas e fano subíndose aos principais escenarios do noso país nunha emocionante vira aniversario que promete ser unha viaxe nostálxica para os máis fieis seguidores da banda e unha experiencia inesquecible para os amantes da música en xeral.
Renovadores da canción española desde unha perspectiva única e persoal, a banda posiciónase como un dos referentes da escena musical nacional, fusionando con mestría melodías que van desde o pop ata o flamenco, pasando pola canción melódica e o rock.
O próximo 21 de febreiro Elefantes chega ás Pontes (Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 20;00 horas) para conmemorar estas tres décadas de brillante traxectoria musical cun show único e unha nova posta en escena. Un directo onde revisitarán os éxitos que definiron a identidade sonora da banda e presentarán as súas últimas composicións incluídas no seu último álbum, que reflicten a súa madurez artística.
Elefantes é un grupo de música pop/rock orixinario de Barcelona, formado en 1994 por Shuarma (cantante e compositor), Jordi Ramiro (batería), Julio Cascán (baixista) e Alex Viveiro (guitarra). Unha banda que é o claro exemplo de músicos de raza, que combinan elegancia e arrebato, distinción e furor nos seus directos, con mensaxes de calado e coidada instrumentación.
O grupo continuou cultivando éxitos e recibindo unha gran acollida por parte do público durante todos estes anos de traxectoria musical. Un momento único para deixarse levar polas melodías da banda e gozar das súas letras, Non perdas a oportunidade de ser parte desta celebración musical que promete ser inesquecible.