Elena Sierra sinala que “a desidia do Goberno local deixa a Ribadeo sen luz”

TerraChaXa | AMariñaXa
Elena Sierra sinala que “a desidia do Goberno local deixa a Ribadeo sen luz”
9 Dec 2020

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta que “a desidia do Goberno local deixe a Ribadeo sen luz”. A popular explica que “a rúa Alfredo Deaño leva tres días sen alumeado público e os veciños xa trasladaron as súa queixas ao goberno sen que ninguén os escoitara”.

Segundo apunta a popular “lamentablemente a situación repítese nas distintas rúas de Ribadeo como, por exemplo, na rúa Carlos III”. Así, ante este problema habitual nas rúas de Ribadeo que causa malestar entre os veciños e tamén supón problemas de seguridade para os peóns, “o Grupo Municipal Popular leva reclamado dende comezos do mandato a mellora do precario alumeado público que temos en Ribadeo”. De feito, os populares xa teñen presentado distintas iniciativas ante o pleno da corporación reclamando tamén a mellora da iluminación pública das parroquias e incluso en novembro do ano pasado facían xa públicas as queixas dos veciños e reclamaban “unha solución inmediata”.

Sierra reivindica, polo tanto, “un alumeado público en tódalas rúas tal e como se merece Ribadeo: propio do século XXI e non de terceira. Reclamamos algo moi necesario”, especifica.

A popular insiste en que “é hora de actuar” porque, segundo lembra, “a falta de iluminación tamén contribúe a aumentar o vandalismo”. De feito, “xa se teñen producido varios roubos de combustible dos camións estacionados no aparcamento da rúa Alfredo Deaño”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16841387748718