Elixida a postal coa que Foz felicitará o Nadal

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
Elexida a postal coa que o Concello de Foz felicitará o Nadal, obra de Irene Fernández Martínez, de 12 anos de idade.
23 Dec 2020

O xurado do Concello de Foz fallou o concurso de postais de Nadal 2020, no que participaron nenas e nenos dos centros educativos do municipio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “a calidade dos traballos é moi boa. Nótase o esforzo que fixeron para poñer unha nota de alegría neste difícil ano 2020 que nos tocou vivir”.

O Concello de Foz agradece os traballos presentados e anima a todos os non premiados “a seguir pintando e debuxando tan ben como o fixeron neste concurso”,

A felicitación institucional do Concello de Foz neste Nadal 2020 será a postal gañadora na categoría xuvenil, obra de Irene Fernández Martínez, de 12 anos de idade.

0.14292097091675