Elixidos os gañadores do certame Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía.
certame avelino diaz
16 Xuño 2021

O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía do mesmo nome, convocado por los concellos de Meira y Riotorto.

A convocatoria estivo dividida en varias categorías. Entre os máis pequenos, de 3 a 8 anos, a disciplina foi o debuxo e o vecendor foi Hugo Campos Nogueira, con Guerra na granxa, seguido de Alba Murado Folgueira, por A festa de Meira, e Antía Peña García, con A nena da estrada.

Ademais houbo accésits para Daniela Prieto Álvarez, Xabier González Escobal e Mara Campos Nogueira.

En poesía, na categoría de 9 a 12 anos, el trabajo Tan rápido?’ de Ana Hernández Martínez foi a gañadora á que acompañaron Lembrando a nosa terra, de Mateo Gesto Gil, e O outono chegou, de Carlos Raposo Riestra; con accésit para Sergio Alonso Murias por Igualdade.

Na categoría C, de 13 a 17 anos, a gañadora foi Uxía Fernández Mazaira, de Lugo, coa peza Muller, seguida de Anele Franqueira Lamas, de Ourense, con Sentamos enfrente da fogueira, e Sara Sánchez Blanco, de Melide, con Chuvia.

Entre os maiores de 17 anos, o primeiro premio foi para o traballo Custodia da fenda, de Beatriz López Dorado, de Lugo. Tamén gañaron Ermitas Rodríguez Gómez, de Meira, con Os abrazos pendentes, e Xosé Lastra Muruais, de Ortigueira, co Tremores.

O xurado estivo formado por  Xosé Otero Canto, María José Fernández López, Silvina Gallo Gavín e Agustín Méndez Moirón.

Os premios entregaranse este venres, 18 de xuño, ás 19.00 horas, no centro sociocultural de Riotorto.

0.16578817367554