Elva Carrera repetirá á fronte do BNG da Pastoriza

TerraChaXa
Elva Carrera encabezará en A Pastoriza a candidatura do BNG. A candidata foi elixida pola asemblea local por unanimidade
ELVA CARRERA CANDIDATA BNG ALCALDIA PASTORIZA
2 Abr 2023

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en A Pastoriza decidiu quen será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións do 28 de maio.

A persoa elixida por unanimidade pola asemblea foi a actual tenente alcalde do Concello da Pastoriza e portavoz municipal do BNG, Elva Carrera González.

Elva Carrera declarou “O BNG ten claro o seu proxecto e demostra día a día no goberno municipal a confianza plena nas potencialidades da Pastoriza, polo que este 28 de maio saímos a gañar e liderar o vindeiro goberno municipal”

Neste senso, a candidata do BNG á alcaldía destacou “temos moito que facer aínda pola Pastoriza e a única forza que pode acadar máis benestar e máis avances para a veciñanza é o BNG, é o momento de sumar co BNG e desenvolver entre todas e todos un proxecto de futuro e sen ataduras”

Elva Carrera agradeceu ás compañeiras e compañeiros en volver a confiar nela para encabezar o proxecto do BNG na Pastoriza “quero agradecerlle a todas as persoas que conformamos o BNG en seguir confiando en min para liderar un proxecto que ten claro a quen se debe, á veciñanza e as oportunidades que se poden crear na Pastoriza, por isto, asumo con todo o agarimo e entusiasmo para facer posíbel un goberno nacionalista o vindeiro 28 de maio”

0.18202900886536