Embaixadores dos países membros da UE achéganse a coñecer Sotavento

TerraChaXa
Os diplomáticos puideron visitar os proxectos que se están a levar a cabo nesta instalación
visita-diplomaticos-europeos-sotavento
Os diplomático diante da entrada do edificio de Sotavento
21 Maio 2024

Embaixadores dos 27 países da Unión Europea achegáronse este luns 20 de maio ata Xermade para coñecer as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento. Esta actividade tiña como principal obxectivo coñecer máis de preto a realidade enerxética do noso país.

Os diplomáticos puideron visitar os múltiples e novidosos proxectos que se están a levar a cabo nesta instalación situada na Serra da Loba, entre os concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña), amosando especial interese en todo o referente á enerxía eólica. Así mesmo, tamén destacou o proxecto de hibridación eólica – fotovoltaica, posto en marcha recentemente e que combina a xeración de electricidade a partir de dúas fontes renovables (eólica e solar), compartindo un mesmo punto de conexión.

A Vivenda Bioclimática inmersa nunha actualización dixital completa, puxo o punto final a esta actividade que superou as 2 horas de duración.

A visita dos representantes europeos, ven a sumarse ás máis de 300.000 persoas que dende o ano 2002 se achegaron ás instalacións do Parque Eólico Experimental e amosa o enorme interese que esperta Sotavento, e as actividades que alí se desenvolven, tamén fóra das nosas fronteiras.

0.10752701759338