Eme de Meira organiza o seu magosto con castañas e baile este venres

TerraChaXa
A cita comezará ás 18.00 euros na praza Maior e ao día seguinte haberá unha obra de teatro
magosto-e-teatro-meira
27 Oct 2024

O colectivo Eme de Meira organiza o seu propio magosto este venres, 1 de novembro. A cita comezará ás 18.00 euros na praza Maior.

O evento contará coa actuación de música e baile tradicionais de Arco da Vella de Barreiros, ademais de castañas de balde.

Ao día seguinte está prevista tamén unha representación teatral. Trátase da obra Poeta en Nova York, do grupo Teatro Baixo da Area.

A obra, dirixida por Paloma Lugilde, poderá verse na casa da cultural ás 19.00 horas.

⚙ Configurar cookies
1.1393749713898