Eme de Meira proxecta este venres en Guitiriz o documental 'El último de Arganeo'
TerraChaXa
Eme de Meira organiza este venres, 9 de xuño, a proxección do documental El último de Arganeo, de David Vázquez.
5 Xuño 2023
O colectivo Eme de Meira organiza este venres, 9 de xuño, a proxección do documental El último de Arganeo, de David Vázquez.
Despois de levar unha vida de estudante en Ponferrada, o mozo de 24 años Edilberto Rodríguez decide regresar ás montañas e dedicarse ao pastoreo dun rabaño de cabras. Coa lembranza de seus avós moi presente, El último de Arganeo recolle a historia de Edilberto, un rapaz pastor orgulloso da herencia dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións dunhas terras deshabitadas e a memoria dunha forma de vida ao bordo da extinción.
A sesión terá lugar ás 21.00 horas na casa da cultura de Meira.