Emilio Costa incorpórase á Corporación de Meira polo PP trala saída de Enrique Castro

TerraChaXa
Seguirá "traballando dende a responsabilidade polo impulso de Meira e os servizos aos nosos veciños e veciñas”, dixo
concelleiros-pp-meira
25 Jun 2025

Emilio Costa, veciño de Seixosmil, incorporase como concelleiro do PP no Concello de Meira nesta segunda metade do actual mandato na que o Grupo Municipal Popular “seguirá traballando dende a responsabilidade polo impulso de Meira e os servizos aos nosos veciños e veciñas”.

O presidente do PP de Meira e portavoz municipal, Óscar Fernández, dálle a benvida ao novo concelleiro “por asumir esta responsabilidade” e destaca que “é unha persoa moi implicada co Partido e, sobre todo, moi implicada coas necesidades e demandas dos veciños e veciñas da parroquia de Seixosmil”.

Costa, que integrará o Grupo Municipal Popular de Meira xunto ao portavoz e a concelleira Sonia Folgueira, manifestou as súas “ganas” e “disposición” para traballar por Meira.

Veciño de Seixosmil e nº4 da candidatura do PP en Meira, substitúe a Enrique Castro que vén de presentar a súa renuncia como edil da corporación municipal por “motivos persoais”.

Fernández ten palabras de agradecemento a Castro polo seu “traballo e apoio” nunha candidatura “con ganas de impulsar Meira ante o desgoberno do alcalde socialista e o seu equipo”.

⚙ Configurar cookies
0.15959787368774