Empezan o xoves un curso de cociña en Nete

TerraChaXa
A Asociación de Veciños San Cosme de Nete vén de convocar un curso de cociña de aproveitamento que estará a cargo de Miguel Ángel Díaz Fraga,
cocina gas
14 Apr 2023

A Asociación de Veciños San Cosme de Nete vén de convocar unha nova actividade en colaboración co Deputación Provincial, entidade responsable da xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Trátase dun curso de cociña de aproveitamento que estará a cargo de Miguel Ángel Díaz Fraga, cociñeiro do restaurante A Nova Ruta, con acreditada e recoñecida experiencia.

Cada día do curso cociñarase un menú consistente en primeiro, segundo e postre, procurando a utilización de produtos de proximidade e o máximo rendemento das materias primas empregadas, reducindo ou aproveitando os desperdicios e resíduos que se xeren.

As sesións terán lugar na Escola de Nete todos os xoves de 17.00 a 20.00 horas comezando o día 20 de abril e rematando o 8 de xuño.

O prezo do curso dependerá do número de asistentes, pero os socios terán un desconto como sempre. O prazo para anotarse é ata o 18 de abril e os interesados deben indicalo por mensaxe privada a través das redes sociais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15607595443726