24 negocios inician hoxe en Muimenta unha nova edición do Mercado de Nadal
A XI edición do Mercado de Nadal arrincará este ano o luns 9 de decembro e rematará o domingo 5 de xaneiro do 2020 (Día da Cabalgata de Reis) coa participación de 24 negocios. Trátase dunha actividade que se repite todos os anos e que forma marte das concretadas na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila.
Nesta edición participan polo tanto Asesoría Suliña, Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Dulcería Anllo, Estanco José Raúl Rguez. Vázquez, Farmacia Saleta Crecente, Ferretería Muimenta, Fisioterapia Nancy Maseda, Frutería Novo, Mercedes Abelleira Riveiro, Mercería Teresa García, Óptica Filo, Panadería Hermo, Perruquería Ofelia, Perruquería Raquel, Perruquería Velica, Piensos Germán Naval Lage, Super Setti, Supermercado A Tenda, Supermercado A Tenda de Teo, Talleres Álvaro Engroba, Talleres Morán e Veterinario José Pena Peteiro.
Os premios a repartir serán vales de 100,00 euros cada un deles aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis que se celebra o 6 de xaneiro. Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.
Neste ano, manténse o período para que os gañadores dos vales se den a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta, para facer entrega do vale do premio. Teñén que informar antes de que remate o mércores 15 de xaneiro. Igualmente, non será válido que se gaste o valor do premio antes da entrega do vale.
A iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.